A vós, pais

Como neno que me estou a iniciar no deporte do fútbol, creo saber o que todos vós queredes de min, pero gustaríame que soubésedes o que eu quero de vós. Conto con todo o voso afecto e cariño e así, estádesmo a demostrar continuamente, aínda que hai algúns pais que non saben respectar os nenos doutros equipos, vós niso sodes moi cabaleiros.

O que eu quero é:

- Quero ter a posibilidade de crecer no deporte dun xeito limpo, puro e desatado de obrigas.

- Deixarme xogar coa alegría que represento, deixarme ser un neno, que a min gústame selo.

- Non queirades que consiga cousas que vós credes importantes. Deixade que as valore eu.

- Non me planifiquedes a vida pois. Nunca vos desesperedes coas miñas derrotas pois só son iso e en ningún caso a mi vanme afectar máis do debido e non obstante os vosos xestos pódenme facer moito dano.

- Nunca presumades dos meus triunfos nin dos meus logros, o mesmo que as derrotas debo de asumilos como unha parte do fútbol e non servirán para tapar fracasos da vosa infancia.

- Grazas por elixir un clube como este para poder formarme deportiva e humanamente. Iso é algo que non vou esquecer xamais.

- Cando estades a ver un partido, non quero que sufrades porque eu vou a estar a gozar porque estarei a facer o que me gusta. Se vos vexo sufrir podo pensar que non estamos a facer o que esperades ver e a miña frustración pode ser maior. Tede paciencia, no fútbol como na vida, todo chega co traballo e dándolle o seu tempo. Se non xogo, pensade que o compañeiro que o fai ten polo menos o mesmo dereito ca min, animalo a el tamén.

- Por favor, deixádeme xogar tranquilo, sen retos e sen presións, sen tantas correccións, sen vervos preocupados, sen discusións e ata pelexas por nós, iso non o quere ningún neno e ademais maleducádesnos. Deixádeme xogar, deixádeme ser feliz, non esquezades que son un neno e como vós só o vou ser unha vez na vida.

Non estraguedes os meus mellores anos.