|
ENTREVISTA A… |
|
|
Adrián (ex-entrenador del primer equipo y de los cadetes) |
|
A próxima tempada non seguirás á fronte do primeiro equipo da S.D. ¿Cómo valoras a decisión da directiva? Considero que a decisión é coherente co acontecido neste último ano, despois de que o equipo non respondera ás expectativas postas nesta tempada. E máis aínda, sabendo do esforzo que fixo o clube para dar un salto de calidade con iniciativas importantes como a incorporación da figura do preparador físico, a dotación á plantilla de importante material individual para adestramentos e partidos, ofrecer o novo servicio de lavandería…. Toda a familia do Chantada (xogadores, técnicos, directivos, afecionados…) é conocedora da necesidade de realizar unha serie de modificacións no primeiro equipo e entendo que o cambio se inicie polo máximo responsable, o adestrador. O grupo debe iniciar unha nova andaina cun perfil de adestrador diferente, non xuzgo se mellor ou peor, só diferente. Espero que a directiva acerte co novo técnico e co resto de cambios que se están a producir no clube. A directiva deixa a porta aberta a que continúes na estrutura técnica do clube; ¿cómo valoras esa posibilidade? Rematou un ciclo para min na S.D. Chantada. Agradézolle á directiva que me ofrecera a posibilidade de continuar no clube. Lamento ter que deixar de adestrar ós máis pequenos da S.D, ós que lles collín un gran cariño, e sinto non seguir ca miña labor de readaptador físico tratando de que a recuperación dos lesionados fora nas mellores condicións posibles, pero penso que a decisión tomada é acertada. Foron tres anos nos que o clube brindoume a oportunidade de medrar como adestrador e como persoa e sentinme apoiado e valorado, pero chegou o momento do cambio; eu tamén necesito dar un xiro á trayectoria da miña vida profesional. ¿Qué balance fas da tempada que acaba de rematar? O balance é negativo, sen ningunha dúbida. O nivel da categoría baixou considerablemente, nós melloramos as condicións de traballo (corpo técnico e recursos materiais) e pese a sofrir algunha pérdida importante no plantel, o 80% do grupo mantívose. Polo tanto era a nosa obriga, que o equipo obtivera unha mellor clasificación cá da tempada anterior, e non foi así. O único positivo deste curso (a nivel de rendemento) foi a reacción do grupo cando a situación era moi crítica, no sprint final de tempada. Conseguimos 5 victorias, 3 empates e 1 única derrota nos últimos 9 encontros (números de “champions” na categoría). Pero estas últimas estadísticas non fan máis que demostrar que o noso nivel era moi superior ó que se acadou en líneas xerais durante a competición. ¿Qué nota lle poñerías polo tanto a este curso? Se tivera que evaluar numéricamente a tempada faríao cun 5. É dicir, obtivemos un aprobado raspado, e no último momento (e isto porque o grupo norte non tivo os temidos “arrastres” de categorías superiores, que son tan habituais), Fomos como o estudiante que deixa todo para última hora e consegue aprobar porque ten unha gran capacidade, pero sabe que se fora máis constante podería optar a un notable ou incluso a un sobresaínte, e non quedar así na mediocridade. Ese perfil de estudiante ten dous camiños a seguir no futuro próximo: un o do fracaso cando nalgún momento non lle sexa suficiente facer ese sprint para acadar o éxito e o outro, ser capaz de modificar a súa conducta para poder progresar. Toca escoller señores. ¿Cáles cres que foron as causas de que o equipo tivera que sufrir ata o final para conseguir a permanencia? As causas son moi diversas: inicio de competición titubeante, importante debilidade defensiva, grandes dificultades á hora de facer gol, baixo rendemento coma locatario… Son moitos os erros que cometemos durante a tempada e as situacións adversas cas que nos atopamos, pero para min, como adestrador, o trasfondo da situación foi sempre o mesmo: a fraxilidade psicológica en xeral do grupo, sobre todo nos momentos difíciles. Esta fundaméntase nunha mistura de factores intrínsecos a este grupo: adestrador, xogadores, xuventude, falta de implicación en certos momentos, a baixa recompensa económica… ¿Destacarías algún momento da tempada en particular? Despóis de analizar todo o acontecido na tempada, unha vez finalizada, destacaría, catro momentos durante o ano que influíron en gran medida no grupo: Primeiro: A clamorosa derrota por 6-0 en Betanzos. Primeiro partido dunha liga na que queríamos facer “algo importante”. Nós iamos a este encontro cargados de ilusións e coas esperanzas de poder plantarlle cara a un dos favoritos ó ascenso, e todo esfumouse en 90 minutos. O peor non foi o abultado do marcador nin que o rival fora moi superior no encontro, senón que o equipo sencillamente rendiuse. A sensación xeral que adoptou o grupo non foi a pérdida de tres puntos senón a percepción de que non iamos a estar ó nivel dos conxuntos punteiros da categoría. Un complexo de inferioridade, que se adueñou do equipo durante un tempo e mermou a confianza. Segundo: Pese a que a tódolos que me coñecen saben que creo no grupo por enriba de todo, e que non son dos que lle da importancia ás baixas, si considero que hai que admitir unha realidade: a lesión de Lois en Vizoño foi unha losa importante, polo seu xogo, polo papel que desenrola no campo, por ser o capitán, porque o grupo xa era moi novo e aínda por riba perdemos a un dos veteranos (con 28 anos, pero veterano) porque houbo xente que non foi capaz de adaptarse o seu novo rol no equipo… Viñamos de gañar na casa fronte ó As Pontes (1-0) e era a primeira victoria como visitante (1-3) cun partido moi serio. Sacabamos a cabeza do pozo, pero non lle demos continuidade. Lois tivo que abandonar o campo faltando 10 minutos e non volveu ata 21 partidos despóis, adestrando e xogando vendado, con grandes problemas físicos e todo por iniciativa propia, porque consideraba que tiña que prestar a súa axuda no campo. Volveu faltando 10 partidos e os números xa vimos o que dicían. Non gañou el só os partidos, nin moito menos, que esto por enriba de todo é un deporte de equipo, pero a súa volta, o seu esoforzo e a súa implicación tiveron premio. Terceiro: A dinámica de derrotas continuas a partir do último partido da 1ª volta (9 derrotas en 10 partidos). Nos atopabamos nun momento no que o equipo parecía que quería e podía resurxir coa victoria no partido aplazado contra o Viviero con seriedade, facendo un encontro completo e sendo moi superiores pese ó corto do marcador (1-0); e continuamos cunha victoria importante en Dubra (2ª fora da casa): 0-2, 40 minutos cun home menos, os novos asumindo responsabilidades… Pero a partir de ahí foi un querer e non poder en partidos nos que incluso eramos superiores en todas ou case tódalas facetas do xogo pero o marcador sempre se decantaba polo rival por “pequenos” detalles. Castro, Outeiro, Laracha, Foz, Vizoño…A verdade é que sona mal pero en todas e cada unha destas 9 derrotas non estivemos lonxe de acadar a victoria (exceptuando quizais o partido contra o Betanzos), e nalgún acabamos goleados (As Pontes ou Vizoño) Cuarto: A remontada frente ó Dorneda. A remontada da S.D. CHANTADA en maiúculas porque ese partido non se houbera levantado sen o impresionante apoio da afeción. Ahí amarrou a permanencia na Rexional Preferente o equipo. Tralas nove derrotas nos últimos dez partidos e perdendo 1-3 ó descanso, tocamos fondo e había dúas opcións: renderse ou loitar contra todo e levantarse, e os xogadores escolleron o segunda vía de ahí ó final da tempada. Fainos un balance dos teus dous primeiros anos como adestrador de Preferente Foi a miña primeira experiencia como técnico na categoría de afecionados e tiven a sorte de que foi nunha competición importante: con algúns equipos semi-profesionais, onde se adestra asiduamente e se pode traballar, bos campos, certa repercusión mediática… Déronse infinidade de situacións que che fan aprender algo novo cada día, aínda que tamén é certo que sigo pensando que hai cousas que non tería que ter aprendido, pero en líneas xerais foi unha experiencia increíble e que me fixo madurar a tódolos niveis, tanto deportivo como persoal. Considero que demostrei estar moi implicado co clube e que me souben adaptar rapidamente á filosofía reinante na S.D. Chantada. Foron moitas as horas diarias que lle adiquei á preaparación de sesións e partidos xunto co resto do corpo técnico e pese a que a sensación xeral deste último ano a nivel de rendemento é negativa, a dedicación e o empeño no traballo pola nosa parte considero que son incuestionables. Está claro que este segundo ano foi moito máis duro que o primeiro e que tódalas dificultades que pasamos fixéronme reflexionar e dudar moito máis de todo, pero precisamente esta situación e a capacidade de análise creo que me fixo mellor adestrador, e espero nun futuro próximo poder aproveitar o aprendido, noutro clube que me dé a oportunidade. Tamén confío que tódolos xogadores que pasaron polas miñas mans nestes anos sexan capaces de saca-lo positivo do vivido e mellorar igualmente coma futbolistas. A sensación que teño, a nivel particular, é de que me quedan moitas experiencias por vivir e que este foi un comezo moi enriquecedor. Por outra banda, a conclusión que me levo da categoría é que o final de ano a competición pon a cada un no seu sitio e é moi difícil, actualmente para equipos humildes coma o Chantada, competir cos clubes nos que os seus xogadores teñen un soldo mensual (podemos mirar os seis-oito primerios clasificados da competición nestes dous últimos anos e o confirmaremos) e polo tanto o nivel de esixencia acaba sendo maior, lóxicamente. ¿Qué foi o mellor que te levas destes dous anos? O mellor foi a relación con todas e cada unha das persoas que forman o clube: directiva, adestradores e sobretodo, xogadores. Por dirixir a dúas seccións no clube (os cadetes e o primerio equipo) e polo meu labor como readaptador físico tiven a oportunidade de traballar co 90% dos xogadores da S.D. e lévome un gran recordo de todos e cada un deles. ¿E o peor? Na preferente non progresar este ano como deberiamos a nivel de resultados, quedámonos moi lonxe do que era o nivel real deste grupo. Nos cadetes, sinceramente o que máis me preocupou nestes dous anos que traballei con eles e no ano anterior no que tamén estiven na mesma categoría co Monterroso é a actitude que mostran algúns pais hacia o deporte en xeral e o fútbol en particular. O castigo de “non volves ao fútbol” é válido para suspensos académicos (sobretodo), “despistes”, horarios, irresponsabilidades varias … con todo o respeto do mundo hacia ós pais, como xa lles dixen este ano na reunión que tivemos con eles ó comezo da tempada (e que creo que xurdiu certo efecto) , eu non son quen para dicirlles como educar ós seus fillos nin pretendo facelo, faltaría máis, e máis aínda sen ser eu pai, pero o fútbol é máis ca ir xogar cos amigos, dar patadas a un balón ou pegar unhas carreiras…É ademáis compañerismo, adecuación a unhas normas, responsabilidade, respeto a rivales-compañeiros-adeversarios-árbitro-adestradores, adquisición de hábitos saludables…O deporte é, debe ser, unha parte fundamental da vida dunha persoa tanto na súa formación humana como na súa saúde, e nos deportes colectivos ademáis está o valor engadido da sociabilidade: se falla un, fallamos todos. Eu á par de adestrador considérome educador e non sei como explicarlle a un neno de 14 anos que imos xogar 10 contra 11, que saímos 11 contra 11 pero non hai cambios, que non buscamos un amistoso porque non temos xente ou que adestramos 8 xogadores (nun deporte que de inicio salen 11 contra 11 ó campo)… Todo debido a que algúns xogadores están “castigados”. Non sei, creo que hai moitas outras formas de facerlle ver a un rapaz que ten que corrixir certo comportamento erróneo, e máis aínda sabendo o labor importante que está a facer o clube, ademáis da inmellorable oferta deportiva que ten este concello cunhas escolas deportivas municipais de referencia en Galicia. Sólo quero expresar a miña preocupación por esta situación e son o primerio en valorar o esforzo que realizan os pais para que os rapaces podan formar parte da S.D. Chantada ou de calquera outro clube, pero esta situación debe cambiar nesta categoría porque é a base do futuro do clube. Con respecto o meu papel como readaptador físico foi unha experiencia gratificante na que conviven tristeza e preocupación, porque estás a traballar con xente que ten algún problema físico que non lle deixa competir ou adestrar cos compañeiros que é o que verdaderamente lles fai desfrutar; co vínculo que se crea co xogador lesionado: confianza, implicación, interés… Neste intre debo salientar o caso dun rapaz que leva tres anos sen poder ter continuidade para medrar como futbolista debido ás múltiples doenzas que sufriu. Trátase de Jordi Failde, que ven arrastrando diversos problemas físicos desde o primeiro ano de cadete (van 3 anos xa) e é un exemplo de madurez, responsabilidade e constancia. “O que non te mata faite máis forte”: eso é Jordi. Exemplo de profesional, sí digo ben, que nunca se rendiu nin se rendirá e que sabe que todo o esforzo que leva realizado traducirase en grandes éxitos, e non só no fútbol, que este deporte vale de experiencia para a vida en xeral. Falemos un pouco dos cadetes: ¿Cómo valoras o traballo cos rapaces este ano? Moi positivo. Tanto o equipo deste ano como o do ano pasado estaban formados por chavales fascinantes, que é o máis importante. Sinceramente, son un privilexiado por estar ó cargo destes dous grupos ó longo dun período tan importante na súa formación. Considero que todos e cada un dos rapaces que formaron parte da categoría neste tempo evolucionaron individualmente a tódolos niveis e adquiriron uns principos básicos deste deporte para poder dar o paso definitivo na súa formación na categoría xuvenil, última da súa formación futbolística propiamente dita. ¿E respecto ó rendemento dos rapaces? O importante está comentado, a formación, por eso repito tanto esta palabra, pero os rapaces interésalles moito que se faga balance de cómo foi a competición. Os dous anos tivemos un rendemento moi parecido, aínda que nun princio o equipo do primeiro ano partía cun maior nivel, tanto individual coma colectivo. Destacable ata o período navideño, sempre colocados para disputar a fase de ascenso, e caída en picado tralas vacacións. ¿Por que? pois a experiencia dime que o aspecto fundamental e que marcou o devenir da competición foron as calificacións académicas da primeria avaliación. Que nas navidades se adestre ca mitade do grupo e que a partir de ahí deixe de haber regularidade na asistencia de varios xogadores foi definitivo. Esta foi unha das razóns comentadas anteriormente como o aspecto máis negativo da campaña cos cadetes, porque os que o sofriron máis foron os que se quedaron non os que marcharon, pero saben que o esforzo tarde ou temprano acabará tendo a súa recompensa (se non a tivo xa). Sólo teño palabras de agradecemento polo comportamento xeral que tiveron todos e cada un dos cadetes que adestrei estes dous anos e que saiban que poden contar comigo para o que queiran. ¿Queres mandarlle algunha mensaxe a afeción? Que sigan acudindo ó Sangoñedo para apoiar ás distintas seccións do clube como ata agora. Creo que é un exemplo de afeción a nivel provincial, e engadiría incluso a nivel galego. A base da S.D. Chantada reside nese principio, a gran familia que forman dende o presidente ata o rapaz máis novo que compite no clube e todo isto mesturado cun pobo que se sinte identificado co equipo de fútbol porque sinxelamente, está formado polos propios rapaces do municipio e esa é unha arma fundamental que pode loitar contra todo. O paso do tempo daralle a razón a esta filosofía de clube. Non quero despedirme sen dar os seguintes agradecementos:
Sinto terme extendido tanto pero foron tres anos, que dan para moito…
|
| Entrevistas anteriores: |