Alberto:"Se remamos todos na mesma dirección lograremos o obxectivo"

Entrevista a Alberto, un xogador que, pese a ter só 23 anos, é xa un dos veteranos do equipo chantadino e un dos referentes na defensa da S.D. O xogador, formado na canteira do noso clube afronta con optimismo a tempada.

Cóntanos a túa traxectoria no fútbol:
Comecei a adestrar coa Barrela sendo cadete. Xa o ano seguinte conseguimos xuntar a xente suficiente pa facer un equipo xuvenil. Alí estiven dous anos nos que competía tamén co equipo en 3ª rexional, e xa no meu último ano de xuvenil foi cando me viñen para Chantada, onde este vai ser o sexto ano xa. VAIA ANIMALADA!!

Se che mandara definir que é para ti o fútbol, ¿Cómo o farías?
Para min é unha forma de pasalo ben facendo o que máis me gusta.

Tralo descenso de hai dúas tempadas, un ano de transición e volta a Preferente ¿cómo vivistes a tempada pasada?
Para nós foi un pao descender por todo o traballo realizado durante ese ano. Comezamos a tempada pasada con esa "obriga" de volver a poñer o equipo onde realmente debía estar, e creo que o cumprimos con creces. Ademáis creo que serviu para coller algo máis de experiencia aínda que fose nunha categoría inferior.

¿Como se afronta este ano do retorno?
Con moita ilusion e con ganas de que todo saia ben. Estou seguro de que si traballamos vamos a conseguir manter o equipo de sobra, e incluso estar polo medio da táboa, pero para eso temos que ir pouco a pouco. O obxectivo inicial é manter o equipo na categoría, pero sen renunciar a nada. Se todos remamos na mesma direcciòm conseguirémolo.

¿Qué valoración fas do arranque do equipo?
A verdade e que foi bastante bo. Eu firmaríao antes de comezar. O primeiro partido gañamos e facendo un bo xogo. Contra o Xallas foi unha pena que se escaparan dous puntos ó final, e sobre todo cómo se escaparon pero temos que estar contentos porque ademáis, personalmente, creo que teñen un equipo bastante bon e serán dos que darán guerra seguro. Non sei eu si alí sumarán moitos equipos.

¿Cómo afrontades o partido ante o Dumbría?
Pois como debemos afrontalos todos. Saír ó campo a dalo todo e a pola victoria. Xogamos na casa e ahí temos que facernos moi moi fortes. Ademáis creo que pode ser un rival directo. E bueno, decirlle á afición que siga animándonos como o leva facendo desde sempre, que os necesitamos ahí os domingos e moito.


MOI PERSOAL
Unha cor: azul
Unha comida: as álbondigas de miña nai e a pasta que eu mesmo cociño(hai que facer publicidade aora que podo)
Unha bebida: a coca-cola pero sen mezcla!jaja
Un número: 5
Un equipo: Sd chantada
Un libro:eu o que lín foi porque non tiña outro remedio e se digo a verdade nn houbo un que me gustara!!
Unha película: 300
Un xogador: Zinedine Zidane e actualmente Özil.Ah e PEPE!!jaja
Un adestrador: Javier Montoto
Un hobbie: Para min dous:xogar ao fútbol e salir de festaaaaaa!!!
Unha manía: buf!!aqui si que podería decir moitas!!Son un maniático!!jaja!por exemplo salir sempre detrás do capitán ó campo e rezar moito, aínda que despois empeza o partido e xa me ves, mecagoen non sei que mecagoen non sei canto.
Un gol:O de Iniesta na final do mundial.
O teu mellor gol:Pouco hai onde escoller pero bueno, quédome con un que lle marquei ó Choco sendo xuvenil, que nos deu a victoria nun momento difícil e porque foi un golazo, ¡qué carallo! jaja
O partido do que mellor recordo tes: O do ascenso contra o Ribadeo e o da copa contra o Santaballés(mereciámolo)
O partido do que peor recordo tes: O día do descenso contra o Foz!!
O mellor xogador co que xogaches é: Don José Luis Fernández Vázquez alias o LOIS
O mellor compañeiro de vestuario que tiveches é: Para min TODOS
Unha anécdota que nunca olvidarás:É difícil decir unha sola tendo o Brais no equipo(e porque non vou contar cousas da noite senón...a do pizzero é moi boa jaja).Aquel día no que nos puxemos todos ó redor del antes dun partido cantando e o tipo bailándonos encima dun banco, por exemplo. Vaia artista.
Eres xogador porque… me encanta o fútbol
O mellor de ser xogador é…o ben que se pasa, sin duda:risas,cenas...
E o peor…as lesións
Un recordo: As tardes xogando ó fútbol no campo da festa(daquelas tiña calidade). Moitas cruces temos roto!!perdone don Jesús(é o cura)
Un soño: Ver ó Chantada loitando cos mellores!!
Unha frase:"si dices la verdad, no tendrás que acordarte de nada".

Pateiro Rubén   Héctor  Dani Fonsi
Bruno Carlos Iago  André Boado
Lois Fredi Fran Cabezas Kadete
Álex Pablo Pateiro Álex Guitián Piñeiro
Óscar Méndez Anxo Diego Guitián Adrián Adrián Pateiro
Efrén Ilde Pateiro Chucho Adrián Vázquez
Aure (Viveiro) Dani (Ferreira) Antonio(Arenas) Javi Piti
Jordi Andrés Manuel Amis Javi Ramos
Antón Albertito Pulpo Juan Jordi Failde
Adrián Vázquez Joserra Vicente Plácido Rubén
Kadete Fornas Adrián Gichi Marros
Gorry André Cristian Dani Joserra
Javi Ramos Álex Moure Plácido Chucho Fornas
Vicente Amis Ivi Aitor Manute
Noé Rodrigo Montoto Dani Adrián
Iria Marolas Brais Traste Piollo
Darío Kadete Juan Eva