Aure (xogador do Viveiro) 

"Hai moitos equipos de calidade e o ascenso será difícil"

O Viveiro visitará esta semana o Sangoñedo, no inicio da competición; Aure, un dos xóvenes valores da súa canteira (pode actuar na banda ou como mediapunta), cóntanos cales son as aspiracións do seu equipo.

  1. Aurelio Veiga García "Aure"; nado o 01/06/1986 en Viveiro

  2. 1.Antes de nada, cóntanos a túa traxectoria no mundo do fútbol e a túa experiencia en terceira división.

    Comecei a xogar no Viveiro infantil con 11 anos, pasando logo polo resto de categorías, debutando con 16 anos en Rexional Preferente, o mesmo ano do ascenso a 3ª división. Xoguei dous anos en terceira co Viveiro e o ano pasado no Betanzos ata febreiro, cando me volvín incorporar ao Viveiro.

    En canto á miña experiencia en 3ª podo dicir que foi moi boa, xa que xogas ao lado de xogadores con moita experiencia e dos cales podes aprender.

    2. ¿Que cres que vos faltou o ano pasado para rematar en postos de ascenso ou de promoción?

    Creo que ter unha maior regularidade e gañar algúns partidos con rivais directos.

    3. Pasando a falar xa da presente tempada; o Viveiro está en todas as quinielas como un dos favoritos ao ascenso, pero ¿cal é realmente o voso obxectivo?

    Traballar con moita humildade e ir partido a partido, posto que hai moitos equipos de calidade e o ascenso estará moi difícil.

    4. ¿Como cres que será, a priori, a categoría esta tempada: máis dura que a da campaña pasada, máis doada...?

    Sempre é máis dura, xa que os rivais cada vez son mellores e están máis preparados, sendo unha categoría moi competida.

    5. ¿Cales cres que serán os vosos rivais na loita polo ascenso?

    Bergantiños, Laracha, Somozas... e desexo que o Chantada.

    6. ¿Como afrontades o partido desta fin de semana ante o Chantada?

    Con ilusión e sabendo que o ano pasado perdemos aí; creo que será un partido complicado.

    7. ¿Atréveste cun resultado para o domingo?

    Só podo dicir que desexo que o Chantada gañe todos os partidos, menos contra o Viveiro.

  3. MOI PERSOAL

     

    1. Unha cor: vermello
    2. Unha comida: pasta
    3. Unha bebida: auga
    4. Un número: 8
    5. Un equipo: Barça
    6. Un libro: El señor de los anillos
    7. Unha película: Piratas del Caribe
    8. Un xogador: Koeman
    9. Un adestrador: Caparrós
    10. Un hobbie: fútbol
    11. Outro deporte: sendeirismo
    12. Un gol: O meu primeiro gol co Viveiro, contra o Verín
    13. O partido do que mellor recordo tes: o partido no que ascendemos a terceira.
    14. O partido do que peor recordo tes: no que descendemos de terceira.
    15. Eres xogador porque… é o que máis me gusta
    16. O mellor de ser xogador é… coñecer a moita gente
    17. E o peor… as lesións.
    18. Un recordo: o meu debut co Viveiro
    19. Un soño: ascender esta tempada
    20. Unha frase: "Que gane o mellor"

     

 
Entrevistas anteriores:                                                            
Pateiro Rubén   Héctor  Dani Fonsi
Bruno Carlos Iago  André Boado
Lois Fredi Fran Cabezas Kadete
Álex Pablo Pateiro Álex Guitián Piñeiro
Óscar Méndez Anxo Diego Guitián Adrián Adrián Pateiro
Efrén Ilde Pateiro Chucho Adrián Vázquez