Chucho (presidente da S.D. Chantada) 

"O meu balance da tempada é moi positivo; no deportivo cumplimos todos os obxectivos; no social tamén"

Chucho vén de cumprir a súa primeira tempada á fronte del club. Cóntanos a súa experiencia e dinos cómo afronta o futuro.
  1. 1. Sufriuse ata o final, pero ao final séguese en Preferente. ¿Como viviches este último partido?

    Como ben dis séguese en Preferente, que é o noso obxectivo. Pero partidos como o do Burela é mellor que non veñan moitos; a verdade é que o pasei moi mal ata o final. 

    2. ¿Que valoración fas da campaña do primeiro equipo?

    O noso obxectivo era a permanencia e cumpriuse; creo que se pode facer mellor co equipo que temos, pero este ano, por diversos motivos, como o dos adestramentos, etc. sufrimos un pouco ata o final; pero cumpriuse o obxectivo e, polo tanto, a valoración é positiva. 

    3. Cos que tamén se sufriu, pero esta vez sen final feliz, foi cos cadetes. Foi unha pena que escapase o ascenso, ¿non cres?

    Os cadetes este ano foron o equipo estrela. Como ben dis, foi unha pena non ascender, porque o mereceron, pero estes novos xogadores aínda nos teñen que dar moitas alegrías, tanto no equipo de xuvenís coma no futuro no de Preferente.

    Se eles queren, mentres nós esteamos aquí, que non dubiden de que van ter moitas oportunidades; eu diríalles que sexan boa xente, bos compañeiros... e que o resto vén só. Moitas felicidades pola grande campaña que fixestes.

    4. ¿Como analizas a tempada do Chantada B, os xuvenís e os cadetes?

    O Chantada B eu creo que fixo unha campaña moi boa tendo en conta que xogaron case todos os partidos fóra; eu creo que para o ano que vén imos ter ao Chantada B loitando nos primeiros postos da clasificación.

    Os xuvenís, outro ano máis, cumpriron o obxectivo, que era a permanencia; a campaña foi excelente porque a categoría tamén o é; polo tanto, felicidades tamén para eles. 

    Os cadetes, como xa dixen antes, mellor imposible. Ogallá para o ano axuden aos xuvenís e teñan moita sorte porque o merecen.

    5. Fainos un balance da túa primeira tempada á fronte do club, en todos os ámbitos, tanto o deportivo como o social.

    O meu balance da tempada é moi positivo; no deportivo cumprimos todos os obxectivos; no social tamén, posto que veu moita xente ao campo a animar a todos os equipos, e os patrocinadores axudáronnos moito.

    Aos socios poríalles un 10 por ser o campo de fútbol de Preferente onde máis xente hai; moitas grazas a todos.

    6. De cara á próxima tempada, ¿seguirás no cargo?

    Para o próximo ano seguirei con moito orgullo sendo presidente da S.D. Chantada: co grupo de xente tan traballadora que temos na directiva, e estes marabillosos xogadores, ¡quen se pode negar!

    7. ¿Como valoras que Pateiro abandone o banco do primeiro equipo?

    O de Pateiro, a verdade, é que nos pillou a todos por sorpresa; sinto moito que tomase esa decisión, pero ao mesmo tempo enténdoo, porque el así o quixo; supoño que para el non sería unha decisión doada, porque quere moito a S.D. Chantada.

    Persoalmente, vou botar de menos que non estea no banco, porque ademais de ser o mellor adestrador que tivo a S.D. Chantada é un grande amigo. Alégrome de que polo menos siga na directiva, e deséxolle moita sorte na súa nova etapa no seu novo traballo.

    Quixéralle dar moitas grazas polo gran traballo que fixo e que saiba que sempre terá a porta aberta para volver.

    8. ¿Con que perspectivas afrontas a próxima tempada? ¿Seguirase coa mesma filosofía?

    A filosofía dos equipos seguirá sendo a mesma: traballar coa canteira,  procurando formar xogadores para o primeiro equipo.

    Dende aquí animo aos novos xogadores a que se esforcen todo o posible, que oportunidades connosco as van ter todos.

    9. ¿Que mensaxe mandarías dende aquí á afección?

    Á afección a mensaxe que lle mando é que siga acudindo ao campo a animar a todos os equipos como o fixo esta tempada, e que moitas grazas pola súa colaboración. 

    Tamén quero dar a benvida á directiva da S.D. a Marolas e Varela, boa xente que seguro que nos axudará moito. Moitas grazas e

    ¡ ¡ ¡ Aúpa a S.D. Chantada!!!

    MOI PERSOAL

    1.      Unha cor: vermello e branco

    2.      Un número: 7

    3.      Unha comida: cocido

    4.      Unha bebida: viño

    5.      Un equipo: S.D. Chantada

    6.      Un libro: El nombre de la rosa

    7.      Un xogador: calquera da S.D. Chantada e Butragueño

    8.      Un adestrador: Javier Pateiro

    9.    Un hobbie: ver fútbol

    10.   O partido do que mellor recordo tes: final da Copa  Deputación

    11.  Unha frase: Fai ben e non mires a quen

     

     

     
 
Entrevistas anteriores:                                                            
Pateiro Rubén   Héctor  Dani Fonsi
Bruno Carlos Iago  André Boado
Lois Fredi Fran Cabezas Kadete
Álex Pablo Pateiro Álex Guitián Piñeiro
Óscar Méndez Anxo Diego Guitián Adrián Adrián Pateiro
Efrén Ilde Pateiro    
         

Páxina principal