Dani (xogador del Ferreira) 

"Afrontamos a tempada con humildade e moitísimo traballo para suplir o feito de ser novatos na categoría"

O Ferreira debuta esta tempada en Preferente, tras ascender o ano pasado despois da renuncia do Riotorto; no seu estreno, ante a Sarriana, venceu por 2-1. Dani, un dos seus xogadores, nos cóntanos cómo afronta o seu equipo esta histórica tempada.

  1. 1. Antes de nada, cóntanos a túa traxectoria como futbolista.

    A miña vida futbolística empeza con 14 anos no xuvenil da S.D. Brollón, logo paso á disciplina do C.P. Calasancio, permanecendo no xuvenil B un ano e dous no xuvenil A, disputando a Liga Nacional. Incorpórome ao Lemos B sen poder xogar por lesión; tras a recuperación formo parte da S.D. Sober tempada e media, índome para o Ferreira C.F., onde levo dúas tempadas e media.

    2. A pasada campaña, por primeira vez na historia do Ferreira,   conseguistes o ascenso; ¿como se viviu?

    A verdade é que non puidemos gozar de semellante acontecemento como merecésemos, xa que é por todos coñecido que ascendemos tras a renuncia do Riotorto. Por este motivo non puidemos celebralo con autobús descapotable e estas cousas, pero estou seguro que o gozaremos durante a tempada enfrontándonos a equipos con tanto nome como Compostela, Viveiro, Bergantiños... e Chantada, por suposto.

    3. ¿Como afrontades esta tempada en Preferente?

    Con humildade e moito, moito traballo, xa que case a totalidade do equipo somos novatos nesta categoría e así poderán compensar o noso descoñecemento. Este é o camiño para conseguir que o Ferreira logre a permanencia e poder así celebrar o que non puidemos a tempada pasada.

    4. Pasemos a falar xa da competición: empezastes con derbi, ante a Sarriana, e vencestes, por dous tantos a un ¿como foi ese partido?

    Foi un partido moi disputado, como reflicte o marcador, xa nos coñeciamos moi ben da tempada pasada. O partido empezou con moitos nervios pola nosa parte, supoño que debido ao debut nesta categoría, onde a Sarriana puido aproveitar un par de ocasións. Co paso dos minutos pasamos a posuír o balón, co que conseguimos adiantarnos no marcador.

    Ao inicio da segunda parte, por relaxación do equipo, iguálannos o partido, e xa avanzado este período marcamos o segundo, axudados polo aspecto físico, posto que apreciei á Sarriana un punto por debaixo nosa fisicamente, aínda que no referente a técnica teñen moi bos xogadores.

    5. ¿Como afrontades o partido da próxima fin de semana ante o Viveiro?

    Con moitas ganas e ambición, pero con respecto, xa que se trata dun dos históricos de Galicia. Tamén temos a incógnita de como responderá o equipo, pois trátase do noso primeiro desprazamento e os equipos sabemos que non rendemos igual na casa que fóra.

    Espero que sexa un partido bonito e poidamos sacar algún punto, que falta farán.

    6. E tamén acabades con derbi, ante a S.D. Chantada, mellor que ningún dos dous teña que xogar nada no último partido, ¿non?

    Certo, sería sinal das cousas ben feitas ou dunha tempada aciaga, que esperemos que non aconteza. Creo que é a mellor forma de rematar a tempada, porque aínda que chegues a este partido sen xogarte os puntos sempre está o gusanillo de gañarlle ao veciño; iso si, con deportividade e rivalidade sa.

     

  2. MOI PERSOAL

    1. Unha cor: negro
    2. Unha comida: a pasta
    3. Unha bebida: agua
    4. Un número: o 3
    5. Un equipo: Ferreira C.F. e Real Madrid
    6. Un libro: El Método
    7. Unha película: Lazos de guerra
    8. Un xogador: Zidane, exemplo dentro e fora do campo
    9. Un adestrador: Camacho
    10. Un hobbie: o deporte
    11. Outro deporte: remo
    12. Un gol: o último, no Sangoñedo, ó Monterroso
    13. O partido do que mellor recordo tes: contra o Celta en xuvenís
    14. O partido do que peor recordo tes: o descenso do Calasancio de Liga Nacional
    15. Eres xogador porque… me gusta o traballo en equipo
    16. O mellor de ser xogador é… o compañerismo e os amigos
    17. E o peor… a envidia e as lesións.
    18. Un recordo: o meu primeiro gol
    19. Un soño: ser feliz
    20. Unha frase: "En todo o que fagas pon o máximo de ti"

     

 
Entrevistas anteriores:                                                            
Pateiro Rubén   Héctor  Dani Fonsi
Bruno Carlos Iago  André Boado
Lois Fredi Fran Cabezas Kadete
Álex Pablo Pateiro Álex Guitián Piñeiro
Óscar Méndez Anxo Diego Guitián Adrián Adrián Pateiro
Efrén Ilde Pateiro Chucho Adrián Vázquez
Aure (Viveiro)