|
|
Javi (xogador do Chantada) "Xa sei que é un tópico, pero máis que un equipo somos un grupo de amigos que disfruta facendo o que máis nos gusta" |
|
Javi afronta a súa cuarta tempada na S.D. O xogador monterrosino cóntanos cómo ve esta tempada, na que cre que poden facer un bo papel se seguen traballando como ata agora, e di sentirse moi a gusto no Chantada, onde resalta que existe un gran compañeirismo. | ||||
|
1. Antes de nada cóntanos un pouco a túa traxectoria no mundo do fútbol. Empecei no mundo do fútbol aos 15 anos no xuvenil da S.D Monterroso, rematando ese mesmo ano no cadete de División de Honra do Calasancio; na etapa xuvenil xoguei os dous primeiros anos no Monterroso e o último no Lalín de Liga Nacional. Despois volvín para o Monterroso ata que me chamou a S.D. Chantada. 2. Por cuarta tempada consecutiva, continúas na S.D., ¿como te sentes no clube? Pois a verdade é que moi ben, nunca pensei que puidese estar tanto tempo aquí; os compañeiros son incribles, a directiva trátanos de marabilla; xa sei que é un tópico, pero máis que un equipo somos un grupo de amigos que goza facendo o que máis nos gusta, algo que creo que non pasa na maioría de equipos que compiten a este nivel. 3. A tempada pasada sufristes ata o último momento para salvarvos, ¿que cres que se debe facer para que isto non aconteza esta tempada? A tempada pasada empezamos moi ben pero ao final nin nós nos criamos o que nos pasaba, quen nolo ía dicir despois da tan boa primeira volta que realizamos. Creo que nos condicionou moito o tema do campo, baixamos moito fisicamente, non adestramos nada nin táctica nin tecnicamente e ao final entramos nunha dinámica que nos levou a sufrir ata o último partido. Este ano, se as lesións nos respectan e seguimos adestrando todos como ata agora, non creo que fagamos sufrir moito á afección do Sangoñedo 4. ¿Cal crees que debe ser voso obxectivo esta campaña? Creo que por equipo e por afección deberiamos estar de media táboa para arriba, pero nesta Preferente cada vez hai máis nivel, hai equipos que son semiprofesionais, onde militan xogadores que hai pouco xogaban en equipos punteiros de Segunda B e Terceira. Nós deberemos traballar moito para poder competir a ese nivel e o tempo poranos onde realmente merezamos. 5. Tres partidos e xa coñecedes o sabor da vitoria, a derrota e o empate; ¿como valoras este inicio de campionato? Creo que bastante bo, xa que acabamos de estrear adestrador e leva un tempo adaptarse á súa filosofía de xogo, que varía moito da que utilizabamos en tempadas pasadas. Debemos mellorar en moitos aspectos pero co traballo do día a día conseguiremos bos resultados. 6. ¿Como afrontades a visita ao Boiro desta fin de semana? É unha saída moi complicada, o Boiro é un dos equipos mellor conxuntados de toda a categoría que, aínda que non empezou nada ben a liga, seguro que ao final estará a loitar por facerse cun dos postos que dá dereito ao ascenso. A tempada pasada foi dos que mellor fútbol practicaba e non será tarefa doada conseguir unha vitoria no seu campo, aínda que se facemos un partido serio e levamos á practica o que adestramos seguro que traemos algo positivo para Chantada. MOI PERSOAL Unha cor: Vermello Unha comida: Un bo churrasco Unha bebida: Acuarius Un número: 7 Un equipo: O Dépor Un libro: El Código Da Vinci Unha película: La Vida es Bella Un xogador: Mauro Silva (o Depor non sería o que é se non fose por el) Un adestrador: Benítez Un hobbie: Estar cos meus amigos Outro deporte: Calquera (Fútbol Sala, Baloncesto, Volei...) Un gol: O conseguido na final da Copa Deputación de xuvenís no último minuto da prórroga (a pase de Oscar Méndez) que nos deu o título. O partido do que mellor recordo tes: A final da Copa Deputación de Preferente co Monterroso contra o Guitiriz; aínda era xuvenil e Pateiro deunos (a min, a Adrián e a Serrano) a oportunidade de ser titulares nese partido; fora un partidazo. O partido do que peor recordo tes: A volta da fase de ascenso á Liga Galega co Monterroso contra a Colexiata do Sar onde un gol ao final do partido nos privou do ascenso; ademais, no último minuto do partido rompín unha perna. Es xogador porque... porque me encanta o fútbol O mellor de ser xogador é... coñecer xente e sobre todo facer amigos E o peor... as lesións e a envexa Un recordo: Os que te fan feliz Un sono: Os que se cumpren Unha frase: "Non se sabe o que se ten ata que se perde" | ||||
| Entrevistas anteriores: | ||||
| Pateiro | Rubén | Héctor | Dani | Fonsi |
| Bruno | Carlos | Iago | André | Boado |
| Lois | Fredi | Fran | Cabezas | Kadete |
| Álex | Pablo | Pateiro | Álex Guitián | Piñeiro |
| Óscar Méndez | Anxo | Diego Guitián | Adrián | Adrián Pateiro |
| Efrén | Ilde | Pateiro | Chucho | Adrián Vázquez |
| Aure (Viveiro) | Dani (Ferreira) | |||