|
| Manuel, xogador dos cadetes, analízanos a temporada do seu equipo, que vai a máis co paso dos partidos, e espera quedar o máis arriba posible ó final da temporada. | ||||
|
Antes de nada cóntanos a túa traxectoria no mundo do fútbol Empecei aos 4 anos adestrando en A Rúa; despois xoguei ao fútbol-sala nas Escolas Deportivas de Chantada e nos infantís tamén das escolas dende alevín de 2º ano. Xa en cadetes pasei á SD Chantada. Se che mandase que me dixeses que é o fútbol, ¿como o definirías? Como un deporte marabilloso no que hai que saber xogar en equipo para poder gañar. Falando xa desta tempada; o outro día triunfo ante o Barco, o líder; ¿como viches o partido? Moi ben. Axudounos moito o gol tan pronto, o penalti e a expulsión dun defensa visitante. Con 2-0 e un máis xogamos mellor, pero preto do final con 4-0 relaxámonos un pouco e custounos dous goles, aínda que soubemos aguantar. ¿Como ves esta tempada a categoría? Véxoa moi equilibrada, e vexo que calquera equipo lle gaña a outro; abonda con mirar os resultados dunha xornada para darnos conta diso. Creo que temos tan bo equipo ou mellor que os primeiros pero empezamos frouxos a tempada e estámolo a pagar. Despois de xogar xa contra todos os equipos, ¿cal cres que é o máis forte? Como dixen antes non vexo ningún superior a nós, pero quizais o mellor sexa o Arenteiro. É ao que vexo agora mesmo máis forte. ¿Cal cres que debe ser o voso obxectivo para esta tempada? Pois intentar gañar todos os partidos que quedan ata o final da liga, para poder rematar o máis arriba posible sen renunciar a nada. Despois na copa tratar de chegar o máis lonxe que poidamos.
MOI PERSOAL Unha cor: azul. Unha comida: pasta. Unha bebida: aquarius. Un número: o 7. Un equipo: SD Chantada e Celta. Un libro: No te laves las manos Flanagan. Unha película: La vida es Belle. Un xogador: Iniesta. Un adestrador: Adrián e Óscar. Un hobbie: saír cos amigos. Outro deporte: tenis. Un gol: o que clasificou o Celta para a Champions. O teu mellor gol: o ano pasado ao Oira no Sangoñedo, entrou por toda a escuadra. (Jeje) O partido do que mellor recordo tes: o ano pasado en liga no Barco, gañamos a liga. O partido do que peor recordo tes: o de fase de ascenso contra o Guardés na casa. O mellor xogador co que xogaches é: todos son bos xogadores, pero se hai que dicir algún quizais Álex, Joserra e André. O mellor compañeiro de vestiario que tiveches é: todos son bos, pero cos que mellor relación teño son Airiños e Jordi. Unha anécdota que nunca esquecerás: cando Jordi esqueceu ir a un partido en infantís. Es xogador porque... gústame o fútbol. O mellor de ser xogador é... gozar do fútbol. E o peor... aínda que por sorte non tiven, as lesións. Un recordo: o partido de fase de ascenso na casa co Guardés, aínda que quedamos eliminados foi inesquecible xogar ese partido, polo que xogabamos e por toda a xente que nos apoiaba. Un sono: ascender co Chantada a terceira. Unha frase: É mellor estar calado e parecer tonto, que falar e despexar as dúbidas. | ||||
| Entrevistas anteriores: | ||||
| Pateiro | Rubén | Héctor | Dani | Fonsi |
| Bruno | Carlos | Iago | André | Boado |
| Lois | Fredi | Fran | Cabezas | Kadete |
| Álex | Pablo | Pateiro | Álex Guitián | Piñeiro |
| Óscar Méndez | Anxo | Diego Guitián | Adrián | Adrián Pateiro |
| Efrén | Ilde | Pateiro | Chucho | Adrián Vázquez |
| Aure (Viveiro) | Dani (Ferreira) | Antonio(Arenas) | Javi | Piti |
| Jordi | Andrés | |||