ENTREVISTA A…

Piti (xogador del Chantada)

Falamos con Piti, xogador do Chantada. Como en tódalas entrevistas que facemos, intentamos facer unha primeira parte máis "seria" na que se analizara o transcurrir da tempada e outra, o MOI PERSOAL, para coñecer un pouco mellor ó xogador. Pero, como ides a poder ver, non conseguimos ter unha entrevista seria. Lean e disfruten.
 

Antes de nada cóntanos a túa traxectoria no mundo do fútbol.

Sempre fun seguir as promesas de xente que non cumpriu.

 

Pasando xa a falar desta tempada; ¿como ves a categoría?

A categoría ben; estámoslles a dar algo de vantaxe aos primeiros para que

non pareza que imos de moi abusones. Pero ao final ímoslles “dar po pelo".

Eu dubido algo da estratexia pero é o que nos di Adrián todas as fins de semana.

 

O outro día, aínda que ao final, conseguiuse unha importante vitoria ante o Burela; ¿como viches o partido?

Moi ben o partido. Adrián arriscou bastante porque solo puxo a carne no asador cando faltaban 25 minutos. Aí sí, saímos e metémoslle ao Tiki-taka, así todo perfecto.

 

¿Como afrontades o choque do próximo domingo no feudo do Somozas, segundo clasificado?

Somozas, desprazamento complicado. Adrián quere formular o partido defensivamente, xogo físico, línea de contención, etc. Despois, media hora antes de rematar sacará aos xugones, tiki-taka de novo e... club de fans en Somozas 1-3.

 

¿Cal cres que debe ser o obxectivo polo que deberedes loitar esta tempada?

¿O obxectivo? Pasalo ben. Creo que vai en función das retribucións. 

 

Se queres engadir calquera cousa máis…

O meu nome futbolístico é Piti, pero debido a unha campaña internacional de desprestixio, que sufro dende hai tempo a nivel internacional, decidín cambiar o meu nome futbolístico polo de MACALAJAN que é moito máis atractivo, di máis de min. Grazas Javi Ramos por apoiarme nisto.

MOI PERSOAL

Unha cor: azul

Unha comida: pasta

Unha bebida: a do Deus Baco

Un número: o oito

Un equipo: se non digo o Chantada malo

Un libro: Rimas de Bécquer

Unha película: moitísimas

Un xogador: Maradona e Platini

Un adestrador: Bobie Marley de Merlán. Todo corazón

Un hobbie: natureza.

Outro deporte: practicamente todos

Un gol: que cho conte Roy que a min dáme a risa. (Xuvenís contra o Pabellón)

O partido do que mellor recordo tes: un do Lalín contra o Rácing de Ferrol. Unha cola de vaca que lle fixen a Pavlicic. Foi perfecta.

O partido do que peor recordo tes: O mesmo, Pavlicic devolveume a xogada e nun córner meteume semellante castañazo que non puiden seguir xogando do mareado que estaba.

O mellor xogador co que xogaches é: Alex, no Lugo, internacional Sub 18. Un Saúdo.

O mellor compañeiro de vestiario que tiveches é: Sería inxusto destacar a un só.

Unha anécdota que nunca esquecerás: Aquel autobús que ulía a coco en xuvenís.

Es xogador porque... Gústame o fútbol

O mellor de ser xogador é... cando che nomean "Capitán do banquillo" cáenche as bágoas.

E o peor... Non o sei

Un recordo: De moi pequeniño co meu pai ensinándome a golpear o balón

Un soño: Teño moitos pero ningún me quita o sono

Unha frase: A estupidez senta sempre en primeira fila para ser vista. A intelixencia         sempre detrás para poder vela ben.

 
Entrevistas anteriores:                                                            
Pateiro Rubén   Héctor  Dani Fonsi
Bruno Carlos Iago  André Boado
Lois Fredi Fran Cabezas Kadete
Álex Pablo Pateiro Álex Guitián Piñeiro
Óscar Méndez Anxo Diego Guitián Adrián Adrián Pateiro
Efrén Ilde Pateiro Chucho Adrián Vázquez
Aure (Viveiro) Dani (Ferreira) Javi