|
O xuvenil B vence con comodidade |
|
O xuvenil B conseguiu unha victoria cinco xornadas despois tras vencer ó Maceda B, penúltimo clasificado, por un claro 5-1.
Xa nos primeiros minutos decidiron o encontro os nosos, primeiro cun tanto de Pablito tras un gran disparo e despois cun gran remate de Vicente a un centro de Gorry. Era o minuto 9 de partido e o marcador xa reflexaba o 2-0.
Con este resultado, os visitantes tiveron as súas opcións a balón parado, pero Rays desbaratounas con acerto.
Seguiron chegando tamén as ocasións para os nosos, especialmente nas botas de Novelle, que non tivo sorte, pois o meta rival desbaratou un par de disparos seus, mentres que cando o conseguiu batir o colexiado sinalou fora de xogo.
Tras un bo pase de Lehbib, Pablito sentenciaría definitivamente o partido, aínda que Fabio, antes do descanso e cun lanzamento de falta, poñería o 4-0 no marcador.
No segundo periodo os dous equipos seguiron competindo nun encontro moi deportivo e Fabio repetiría, facendo o 5-0 cun bo disparo desde a frontal da área. Un tanto de penalti no minuto 82 por parte dos visitantes faría que o encontro rematara co 5-1.
|