Poderánse seguir encontros en directo a fin de semana
www.sdchantada.com/ 13-09-11            

A S.D. Chantada conta xa con Twitter. Esta rede social será actualizada por xogadores dos distintos equipos do clube, o que permitirá que se poidan seguir algúns dos partidos da fin de semana en directo, ó igual que xa se fixo na pasada fin de semana cos partidos Chantada - Dumbría e Monterroso - Chantada B.

Deste xeito, aqueles aficionados que non poidan presenciar os encontros poderán estar informados ó momento do desenvolvemento dos partidos do clube. Obviamente, resultará imposible cubrir todos os partidos da fin de semana, pero trataráse de informar do maior número deles posible.

Para acceder a él, poderás facelo premendo o seguinte enlace: http://twitter.com/#!/sdchantada, ou o que aparece na páxina principal desta web.