O CHANTADA CAE POR

 

 1-3 ANTE O ARZÚA

 

 

www.sdchantada.com/ 07-08-15

 

O Chantada perde nun partido igualado no que a maior efectividade visitante deu a victoria.

No minuto 13, Damián marcaría o 0-1, despois dun gran disparo dende fora da área no que Javi por puido facer nada. Este mismo, pouco despois, en busca do segundo tanto, estrelaría outro forte disparo no longueiro.

Cerca do descanso sería o Chantada o que disporía dunha moi boa ocasión, despois  do rexeite dun córner,  Manuel dispara e estrela o balón no poste.

Logo do descanso, cando mellor estaba o Chantada, Dani Méndez marcaría o segundo tanto do Arzúa, despois doutro moi bo disparo lonxano.

Os locais seguirono intentanto, ata que no minuto 80, un disparo de Anxo, que sairía rebotado no seu irmán Iago acurtaría distancias, Joserra tivo unha moi boa ocasión nun man a man, despois dun gran pase de Kadete, que rexeitaría o porteiro visitante ca cara.

Co Chantada botado ao ataque, Dani Méndez sentenciaría no derradeiro mínuto despois dun gran disparo cruzado.

O Chantada visitará o seguinte Domingo ao Lemos na Pinguela no primeiro derbi da tempada.