|
Papá adestrador |
||
|
O "Papá-Adestrador" é un personaxe bastante recente no mundo do deporte; non adoita faltar a ningún partido, ás veces trágase ata os adestramentos, toma notas técnicas e estatísticas, grava en video os partidos claves, dá ordes (ao seu fillo o primeiro, logo quizais ao resto,...) vive o partido con tal intensidade que non perde detalle, chega ata correr a banda. Claro que ten motivos para tal comportamento: está convencido que o seu fillo é un diamante en bruto, unha futura estrela do deporte. Non está disposto a que o seu fillo se malogre; non permite ningún fallo na educación deportiva do seu fillo. O seu fillo faino ben (case sempre), e para ese "case" ten escusas. O adestrador non o entende ou non ten nin idea, os compañeiros son peores ca el, pásanlle mal ou pouco, o clube é un desastre de organización.... Sempre hai algo de que queixarse. O seu fillo, pola súa idade, a súa inmadurez, o seu descoñecemento,... sofre as consecuencias deste celo, cariño e protección paterna mal entendida. É moi difícil que un neno cun "Papá-Adestrador" progrese axeitadamente, o máis probable é que pouco a pouco se converta nun neno inmaduro, consentido e "diferente" aos do grupo. A verdade é que a figura do "Papá-Adestrador" con todos os detalles aquí descritos, é moi rara de atopar, pero non é tan inusual atopar pais que caen nalgúns deses erros ou outros similares. ¡É tan difícil a educación dos fillos! A paixón, ás veces, céganos e non facemos máis que estragar as cousas. Menos mal que ao lado destes "Papá-Adestradores" están os verdadeiros PAIS, ante os cales hai que sacarse o sombreiro: acompañan nos transportes e desprazamentos, manteñen unha actitude discreta de apoio, animan ao seu fillo e ao grupo de forma elegante e digna de eloxio, non crean a presión innecesaria senón que dan motivación e seguridade. Saben gozar do deporte dos seus fillos... Porque o neno está a aprender o valor das cousas, porque vive con ilusión o deporte, porque debe ser capaz de superar por sí mesmo as adversidades, porque hai que respectar o proceso de formación, porque ¡¡Por favor!! Non xoguemos a "Papá-Adestrador". |
||