Papá, ¿qué estás facendo?

Non sei como dicircho. Seguramente cres que o fas polo meu ben, pero non podo evitar sentirme raro, molesto, mal. Regaláchesme o balón cando apenas empezaba a andar. Aínda non ía á escola cando me apuntaches ao equipo. Gústame adestrar durante a semana, bromear cos compañeiros e xogar o domingo, como o fan os equipos grandes.

Pero cando vas aos partidos..., non sei. Xa non é como antes. Agora non me dás unha palmada cando remata o partido, nin me invitas a un bocata. Vas á bancada pensando que todos son inimigos. Insultas os árbitros, aos adestradores, aos xogadores, a outros pais... ¿Por que cambiaches? Creo que sofres e non o entendo. Repítesme que son o mellor, que os demais non valen nada ao meu lado, que quen diga o contrario se equivoca, que só vale gañar. Ese adestrador do que dis que é un inepto é o meu amigo, o que me ensinou a divertirme xogando. O rapaz que o outro día saíu no meu posto..., ¿acórdaste?, si, home, aquel que estiveches toda a tarde a criticar porque "non serve nin para levarme a bolsa", como ti dis. Ese rapaz vai á miña clase. Cando o vi o luns, deume vergoña.

Non che quero decepcionar. Ás veces penso que non teño suficiente calidade, que non chegarei a ser profesional e a gañar centos de millóns, como ti queres. ¡Agóbiasme! Ata cheguei a pensar en deixalo, pero, ¡gústame tanto!... 

Papá, por favor, non me obrigues a dicirche que non quero que veñas averme xogar.

Fonte: www.ciudaddesantiago.com