|
O fútbol en Chantada practícase dende
1915, ano no que se fundou o primeiro equipo, chamado Atlético, que
disputaba encontros cos equipos de Lugo e Ourense. Este equipo foi
fundado por José Arias "Petete".
Nos anos 20, Ramón Soto fundou outro equipo, chamado Fortuna.
 |
Pero naquela época existía un gran problema: atopar
un campo regulamentario. Primeiramente, Agustín Lorenzana cedeu un campo, onde
se levaron a cabo as primeiras xestas do Atlético chantadino.
Máis tarde, alugouse un campo en Marín, o cuxo era
un prado no que non se podían facer arranxos.
Logo, volveuse ao primeiro campo, que estaba
situado en Zaquín, e co permiso do señor Lorenzana, todos os mozos do noso pobo
puxeron mans á obra: vagóns, carretillas,volquetes, picos... e todo o esforzo
necesario para conseguir nivelar o terreo, que contaba con algo de desnivel.
Durante moitos anos o campo de Zaquín rexistrou
grandes cheos e partidos e vitorias de gran nivel; por alí pasaron equipos como
o Lemos, Arzúa, Mellid, Carballiño e moitos máis de Ourense, Lugo e pobos
próximos a Chantada.
De Zaquín pasouse ao Sangoñedo, onde aínda hoxe
está situado o campo, onde os afeccionados chantadinos celebramos grandes
triunfos
e onde esperemos que se escriban novas xornadas de gloria para o fútbol
chantadino.
|
Ao longo de todos estes
anos moita xente traballou para conseguir que o Chantada sexa o que
é hoxe:
1950-1955
Destes anos unicamente podemos
recordar que o presidente foi Ramón Fraga.
1956-1965
Presidente: Manuel Diéguez
Fernández
Directivos: Paco Castellano,
Moncho del David, Lucho Valín, Jesús Otero Soto, Jesús Fernández
Rodríguez de Bouza.
Con esta directiva levouse a cabo
a operación "Casqueiro", que consistía en pechar o campo do
Sangoñedo de madeira; empregouse este sistema porque a economía en
aquela época non era excesivamente boa.
1965-1970
Ao longo destes anos non houbo
directiva, aínda que se seguiron xogando partidos amigables.
1970-1972
 |
Presidente: Juan Manuel
Méndez Otero
Directivos: Francisco Quinzán, Manuel Vázquez "Pica", J. Ángel Gómez "Piculín",
Segundo Rguez. "Campelo", Luis Armesto "Incio", Jesús Fdez. "Zapatero", Eduardo
Fdez. "Tatá", Ángel Castro Gil, Félix Pérez, J. Luis Navaza "Zacarías", Rafael
Varela, José Levices.
Esta época é unha das máis importantes do clube, xa que se federa o Chantada
Fútbol Club
, polo que o noso poblo terá por fin un clube de fútbol federado. |
1972-1973
Presidente: Alfonso Quintela Soilán
Directivos: a maioría dos da directiva anterior.
1974-1980
 |
Presidente: Serafín Iglesias
Fdez. "Fino"
Directivos: Segundo Rguez. Aguiar "Campelo", Manuel Vázquez "Pica", Alfredo
Valín, Manuel Vangueses, Jesús Fdez. "Zapatero", Félix Pérez, J. Ángle Gómez "Piculín",
José Lorenzo "Pepiño Foguete", Manuel Iglesias.
Con esta directiva fíxose historia na campaña 1977/78, conseguindo o
primeiro ascenso a Rexional Preferente na historia do clube. Por aquel entón,
só había un grupo de Rexional Preferente en toda Galicia, e durante unha década
o Chantada mántuvose na categoría.
|
1980-1982
 |
Presidente: Manuel Iglesias
Directiva: Pedro Ramos, Camilo, Jesús Fdez. "Zapateiro" |
1982-1987
 |
Presidente: Manuel Lamas
García
Directiva: José Lorenzana, Pedro Ramos, Camilo, Manuel Iglesias, J. Manuel Ledo
"Surribas".
Nesta época conseguiuse a mellor clasificación da historia do clube, e estívose
a piques de conseguir o ascenso a Terceira división. |
1987-1989
 |
Presidente: José Manuel Ledo
Fernández
Alfredo Vaín Estebanez, Segundo Rodríguez Aguiar “Campelo”, Félix Pérez
Román,Jesus Fernández Gómez “Zapateiro”, Manolo Iglesias, Manuel Bangueses,
Manuel Vázquez Guerra “Pica”, José Lorenzo “Pepiño Foguete”, José Angel Gómez
Couceiro “Piculín”.
Nesta época o equipo descendeu a 2ª Rexional, pero conseguiuse unha Copa
Deputación de Lugo de xuvenís. |
1990-1991
 |
Presidente: Issam Alnagm
Azzam
Directivos: J. Camilo Regal Teijeiro, Pica, José Benigno, José Antonio Fdez.,
Antonio Fdez. Diéguez, J. Ángel Rguez.
|
1990-1993
 |
Presidente: Rafael González
Directiva: J. Ramón Vázquez, J. Ángel Rguez., Manuel Vázquez "Pica", Ramón
Failde.
Nesta etapa deuse un paso moi importante para o clube, que foi o traslado das
categorías inferiores á Federación de Ourense, que tan bos froitos está dando ó
fútbol chantadino.
|
 |
Nas dúas últimas tempadas,
polo falecemento de Rafael, Manuel Vázquez "Pica" ocupou a presidencia. Na
campaña 1992/93 conséguese o ascenso a 1ª Rexional. |
1993-2000
 |
Presidente: J. Ramón Vázquez
García
Directiva: J. Camilo Regal Teijeiro, Fco. Javier Pateiro Goyanes, Manuel Vázquez
"Pica", José Benigno Gómez, Jesús Sánchez, J. Antonio Fernández, Antonio
Fernández, J. Ángel Rguez..
Esta directiva estivo sempre presidida por José Ramón, pero ó longo de estes
anos algúns directivos foron cambiando. Na tempada 1997/98, con Manolo
Rigueira de adestrador, os xuvenís conseguiron o primeiro ascenso a Liga Galega
na historia da S.D. Chantada. También se conseguiu co equipo xuvenil un
campeonato de Copa de Ourense na tempada 1996/97, así como un subcampeonato da
mesma competición na 1994/95 e unha Liga. |
2000-2004
 |
Presidente: Marcos Cuñarro
Directiva: Alfonso Expósito "Fonsi", Fco. Javier Pateiro, Javier, Rafael Viñas,
Francisco García "Paco", Carlos García García.
Esta época foi unha das mellores da historia do clube, xa que no último ano
de mandato conseguíronse os ascensos a Rexional Preferente (con Javier Pateiro
de entrenador) e a Liga Galega do primeiro equipo e dos xuvenís (dirixidos por
Ismael Calderón), respectivamente.
Ademais, disputouse unha Fase de Ascenso a Liga Galega de cadetes na tempada
2002/03 e creouse o Chantada "B" coa finalidade de aportar xogadores ó primeiro
equipo. |
2004-2005
 |
Presidente: Alfonso Expósito
Couso "Fonsi"
Directiva: Fco. Javier Pateiro, J. Manuel Rguez. Aguiar, Antonio Varela, Ángel
Taboada "Chucho", Francisco García "Paco", Carlos García García, Marcos Cuñarro,
Isaac Ferreiro, "Boleco", Roberto "Bonsai", Fran de la Torre, José Vázquez
"Rulo", Fernando.
Na súa primeira tempada conseguiuse mantener ó equipo de Rexional Preferente,
recén ascendido. Ademais, as categorías inferiores lograron as que por aquel
entón eran as mellores clasificacións da súa historia, xa que os cadetes
quedaron 3º e xogaron a Fase de Ascenso e os xuvenís quedaron 11º en Liga
Galega, conseguindo a permanencia nesta categoría por 1ª vez na historia do
clube. Tamén se acada a 1ª Copa Deputación de Rexional Preferente na historia do
clube. |
2005-2006
 |
Presidente: Carlos García
García
Directiva: , J. Manuel Rguez. Aguiar, Antonio Varela, Ángel Taboada "Chucho",
Isaac Ferreiro, José Vázquez "Rulo", Fernando, Fco. Javier Pateiro
Nesta
tempada conseguíronse unha vez máis as permanencias do "A" en Preferente e dos
xuvenís en Liga Galega (quedando 8º, a mellor clasificación), e conseguiuse o
ascenso do "B" a 2ª Rexional.
|
2006-
 |
Presidente: Ángel Taboada
Coego "Chucho"
Directiva: J. Manuel
Rguez. Aguiar, Isaac Ferreiro, Fco. Javier Pateiro, Toño Méndez, Manel y Arias.
Na primeira campaña,
os cadetes gañan a liga por primeira vez na historia e quédanse a un paso do
ascenso a Liga Galega. Os xuvenís igualan a súa mellor clasificación (8º) pero
con máis puntos.
|
|