|
Un semáforo revolucionó el fútbol mundial |
|
|
Se no mundo da arbitraxe existisen grandes momentos que merecen pasar á historia, talvez o máis importante sexa o que ten lugar en 1970, data na que se introduce a ferramenta de traballo a próstrea máis famosa, a tarxeta. No ano 1996, no estadio de Wembley enfrontábanse, en semifinais do Mundial, Inglaterra, a selección anfitriona, e Arxentina. Nun momento do partido, un dos xogadores albicelestes, protesta a decisión do árbitro. O árbitro expúlsao, indicándolle co dedo o camiño dos vestiarios. O resto dos xogadores arxentinos rodean o árbitro, que parece non entender nada. Móntase un escándalo maiúsculo e, por primeira vez nos mundiais, un equipo ameaza con abandonar o terreo de xogo. Finalmente o partido remata, xogándose ata o final do tempo regulamentario sen sobresaltos. Ao día seguinte, Ken Aston, presidente da Comisión de Árbitros da FIFA, circula polas rúas londinienses, cando topa cun semáforo. Como máximo representante da arbitraxe mundial, Aston medita acerca dunha solución que evite o problema como o da véspera, motivado pola falta de entendiento entre xogadores e árbitro. É entón cando mirando ao semáforo que ten ante el, ilumina unha grande idea. Coa introdución de dúas tarxetas, unha amarela e outra vermella, tanto os xogadores como o publico entenderán de forma rápida e sinxela as sancións impostas polo árbitro Ata ese momento as amoestacións tiñan un carácter verbal, o colexiado simplemente advertía o xogador e anotáballo. No caso da expulsión, o árbitro indicáballe co dedo ao xogador o camiño aos vestiarios. A idea callou de tal xeito nos máximos estamentos que en 1970 se implantou no mundial de México. Como anécdota, o Colexio Nacional de Árbitros Español escolleu a cor branca en vez do amarelo para as amoestacións. Ata a tempada 1976 - 77, que se imporán as amarelas. |
|
![]() |
|
| Ken Aston | |
|
Fonte: www.ponteourense.com |
|